O día das Letras Galegas 2017 : Carlos Casares, O Mestre

O día das Letras Galegas 2017 : Carlos Casares, O Mestre

Nado en Ourense en 1941, a súa familia marcha a Xinzo de Limia, onde o seu pai era profesor, alí viviu toda a su infancia, e alí e onde se celebrarán os actos ó homenaxeado hoxe mesmo.

Sendo pequeno, a súa nai, moi católica, mandouno a estudar o Seminario de Ourense. E foi alí onde descubriu a súa paixón pola lectura, devorou todos os libros do seminario, e cando volvía no verán a Xinzo, lía aqueles libros que no seminario estaban prohibidos, grazas o bibliotecario do pobo. Afortunadamente para a nosa literatura, abandona o seminario.

Nos anos 60 marcha a Santiago a continuar os seus estudos, alí entra en contacto co galeguismo e coñece a Ramón Piñeiro, o que sería o seu amigo para sempre, un dos fundadores da Editorial Galaxia, a editorial en galego máis importante e onde publicaría sempre Casares. Por estas datas introdúcese na política e empeza a súa obra literaria. En 1967 publica a súa primeira novela, Vento Ferido, unha ducia de relatos curtos nos que saca a relucir o que sería o seu estilo, a obra está chea de violencia, vinganza, desesperación e medo. Un ano despois, publica A Galiña Azul, un conto infantil cunha serie de personaxes inesquecibles, un dos primeiros en galego, que se convertería nun auténtico referente. Empeza a dar clases, concretamente nun colexio de Viana do Bolo, onde sería expulsado e inhabilitado por “comunista” por pretender que os nenos pobres da vila usaran o comedor escolar gratis. Non lle queda máis remedio que marchar de Galicia para seguir traballando. Como anécdota kármica ese colexio hoxe en día chámase Carlos Casares.

Non só é un bo libro de relatos, senón que é do máis persoal que escribiu. Aí está o verdadeiro Carlos, ao meu ver, medo, violencia, perturbación, ansiedade. Suso de Toro, escritor

Non só é un bo libro de relatos, senón que é do máis persoal que escribiu. Aí está o verdadeiro Carlos, ao meu ver, medo, violencia, perturbación, ansiedade.
Suso de Toro, escritor

No 71, durante unha viaxe en tren, coñece a que sería a súa muller para toda a vida, a sueca Kristina Berg. Por estes anos sae As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973) un libro cheo dun humor absurdo e hilarante ou Xoguetes para un tempo prohibido (1975), no que retrata a toda a xeración de posguerra en Galicia co que gañaría un ano despois o premio da Crítica Española ademais fai unha estupenda tradución ó galego da obra O Principiño, mentres colabora con periódicos como La región de Ourense e La Voz de Galicia. Convértese nun referente cultural contra o franquismo e termina sendo expedientado de novo xunto con outras figuras culturais como Mendez Ferrín (unha personaxe que merece unha historia aparte) ou Xesús Alonso Montero. Por esa época trasladase a Nigrán, onde fixaría a súa residencia. Trala caída da ditadura, no 1978 ingresa na Real Academia Galega e no 1980 escribe a súa novela máis popular, Ilustrísima, no que, apoiándose na historia da chegada dun cinematógrafo, que representa a modernidade, a unha aldea, carga contra o fanatismo relixioso e a violencia ligada a él.

Estatua a Carlos Casares en Pontevedra

Estatua a Carlos Casares en Pontevedra

No ano 1982, sae elixido deputado por Ourense como independente, como outros moitos intelectuais da época, dentro do PSG-PSOE (como cambiaron as cousas…). Casares participa activamente na Lei da Normalización lingüística e no 1985, unha vez abandonada a política, é nomeado presidente da Editorial Galaxia, modernizándoa e imprimíndolle a súa paixón. Xa é unha das principais figuras da cultura galega e a súa obra empeza a ser traducida ó castelán. No 1987 escribiría outra das súas grandes obras, Os mortos daquel verán, na que parodia a linguaxe funcionarial mentres debuxa un mapa de rivalidades, e de novo, violencia entre as dúas faccións existentes en calquera pobo de antes da guerra civil, os progresistas contra os reaccionarios. Coa morte en 1990 de Ramón Piñeiro asume o seu papel de mecenas da cultura galega.

En 1992, na Voz de Galicia, empeza a escribir a columna Á marxe, un auténtico éxito. Continua coa labor que empezara a década pasada, de rescatar do esquecemento ós grandes autores galegos, escribindo as súas biografías. Pero non descoida a súa propia obra, no 1996 escribe Deus sentado nun sillón azul, no que volve a tratar a situación da posguerra (o medo, a violencia, a represión…) dende o punto de vista dun intelectual arrepentido por elixir ó bando gañador. Nese momento, o incombustible Casares é membro da RAG, dirixe a Editorial Galaxia e a revista Grial, preside o Consello de Cultura de Galicia e o PEN Clube de Galicia, dirixe os cursos de verán da Fundación Camilo José Cela, mentres imparte conferencias, escribe prólogos, visita colexios, vai a actos oficiais e sempre ten tempo para a súa familia e amigos. Con case 60 anos embárcase na última aventura da súa vida, o Expreso de Literatura Europea xunto a outros 80 escritores, que recorre Europa de oeste a leste.

Inauguración dunha placa homenaxeando a Carlos Casares en Nigrán (os títulos das súas obras están polo paseo no chan)

Inauguración dunha placa homenaxeando a Carlos Casares en Nigrán (os títulos das súas obras están polo paseo no chan)

No 2002, o día antes de morrer, entrega a súa última novela, O sol do verán unha complexa novela na que apoiado na trama do suicidio fai unha radiografía das familias da posguerra e a moral imperante. O 9 de marzo de 2002 morre rodeado dos seus achegados, sorrindo, como fixera durante toda a súa vida.

 

Información sacada da páxina http://fundacioncarloscasares.org

 

 

A continuación en castellano:

 

Nacido en Ourense en 1941, su familia se marcha a Xinzo de Limia, donde su padre era profesor, allí vivió toda su infancia, y allí es donde se celebrarán los actos al homenajeado hoy mismo.

Siendo pequeño, su madre, muy católica, lo manda a estudiar al Seminario de Ourense. Y fue allí donde descubrió su pasión por la lectura, devoró todos los libros del seminario, y cuando volvía en el verano a Xinzo, leía aquellos libros que en el seminario estaban prohibidos, gracias al bibliotecario del pueblo. Afortunadamente para nuestra literatura, abandona el seminario.

En los años 60 se marcha a Santiago para continuar sus estudios, entra en contacto con el galleguismo y conoce a Ramón Piñeiro, uno de los fundadores de la Editorial Galaxia, la editorial en gallego más importante y donde publicaría Casares siempre. Por estas fechas se introduce en la política y empieza su obra literaria. En 1967 publica su primera novela, Vento Ferido, una docena de relatos cortos en los que saca a relucir lo que sería su estilo, la obras está llena de violencia, venganza, desesperación y miedo. Un año después publica A Galiña Azul un cuento infantil con una serie de personajes inolvidables, uno de los primeros en gallego, que se convertiría en un auténtico referente. Empieza a dar clases, concretamente en un colegio de Viana do Bolo, donde sería expulsado e inhabilitado por “comunista” por pretender que los niños pobres del pueblo usaran el comedor escolar gratis. No le queda más remedio que marcharse de Galicia para seguir trabajando. Como anécdota kármica ese colegio hoy en día se llama Carlos Casares.

En el 71, durante un viaje en tren, conoce a la que sería su mujer para toda la vida, la sueca Kristina Berg. Por estos años sale As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973) un libro lleno de un humor absurdo e hilarante o Xoguetes para un tempo prohibido (1975) en el que retrata a toda la generación de posguerra en Galicia con el que ganaría un año después el premio de la Crítica Española, además hace una estupenda traducción al gallego de la obra El Principito, mientras sigue colaborando con los periódicos La región de Ourense y La Voz de Galicia. Cada vez más vinculado al galleguismo y a la editorial Galaxia, se convierte en un referente cultural contra el franquismo y termina siendo expedientado de nuevo junto con otras figuras culturales como Mendez Ferrín (un personaje que merece una historia aparte) o Xesús Alonso Montero. Por esa época se traslada a Nigrán, donde fijaría su residencia. Tras la caída de la dictadura, en 1978 ingresa en la Real Academia Galega y en 1980 escribe su novela más popular, Ilustrísima en la que, apoyándose en la historia de la llegada de un cinematógrafo, que representa la modernidad, a una aldea, carga contra el fanatismo religioso y la violencia ligada a él.

En el año 1982, sale elegido diputado por Ourense como independiente, como otros muchos intelectuales de la época, dentro do PSG-PSOE (Como cambiaron las cosas...). Casares participa activamente en la Ley de la Normalización lingüística y en 1985, una vez abandonada la política, es nombrado presidente de la Editorial Galaxia, modernizándola e imprimiéndole su pasión. Casares ya es una de las principales figuras de la cultura gallega y su obra empieza a ser traducida al castellano. En 1987 escribirá otra de sus grandes obras, Os mortos daquel verán en la que parodia el lenguaje funcionarial mientras dibuja un mapa de rivalidades, y de nuevo, violencia entre las dos facciones existentes en cualquier pueblo de antes de la guerra civil, los progresistas contra los reaccionarios. Con la muerte en 1990 de Ramón Piñeiro asume su papel de mecenas de la cultura galega.

En 1992, en la Voz de Galicia, empieza a escribir la columna Á marxe, un auténtico éxito. Continúa con la labor que empezara la década pasada, de rescatar del olvido a los grandes autores gallegos, escribiendo sus biografías. Pero no descuida su propia obra, en 1996 escribe Deus sentado nun sillón azul en el que vuelve a tratar la situación de la posguerra (el miedo, la violencia, la represión…) desde el punto de vista de un intelectual arrepentido por elegir al bando ganador. En ese momento, el incombustible Casares es miembro de la RAG, dirige la Editorial Galaxia y la revista Grial, preside el Consello de Cultura de Galicia y el PEN Clube de Galicia, dirige los cursos de verano de la Fundación Camilo José Cela, mientras imparte conferencias, escribe prólogos, visita colegios, va a actos oficiales y siempre tiene tiempo para su familia y amigos. Con casi 60 años se embarca en la última aventura de su vida, el Expreso de Literatura Europea junto a otros 80 escritores, que recorre Europa de oeste a este.

En 2002, el día antes de morir, entrega su última novela, O sol do verán una compleja novela en la que, apoyado en la trama del suicidio hace una radiografía de las familias de la posguerra y la moral imperante. El 9 de marzo de 2002 muere rodeado de sus allegados, sonriendo, como hizo durante toda su vida.